lunes, 9 de marzo de 2009

Cayo Blanco (the paradise)

E velai as imaxes de Caio Branco. Eu pensaba que os callos estaban nos pes namais, pero tamén os hai no medio do mar.

Así que collemos un catamarán e ala marchamos. Praias de areas blancas, aguas verdosas, en fín, o caribe en estado puro.


Un paraíso natural, que podería ser fiscal se houbese un banco na illa, digno de visitar. Velai algunhas fotos.




sábado, 7 de marzo de 2009

Varadero é outro mundo

En Varadero pasas, en tan so 140 km., da miseria ao luxo. En menos que canta un galo parece que todas as bondades do comunismo xa non teñen razón de ser nesa peninsula longa i estreitiña, o sitio perfecto para que o turista non teña contacto real con Cuba.
É un lugar turistico por excelencia, e vela-qui a mostra.



jueves, 5 de marzo de 2009

O dia a dia en Cuba

Este é o dia a dia. Un bon resumen do que podedes vivir alí.



¡Ten boa pinta, verdade??. Pois animadevos que vale a pena.

miércoles, 4 de marzo de 2009

A realidade de Cuba

E si as suas xentes son especiais, os seus dirixentes non son precisamente os exemplos a seguir no que a repartir xustiza se refire. O concepto de comunismo quedalles grande.

As palabras están moi ben, pero a realidade é ben distinta.

lunes, 2 de marzo de 2009

A Habana e as suas xentes.

Ahi van algunhas fotografias da Habana. A capital, que está a caer paseniñamente posto que ningun revolucionario é capaz de tomar decisións con cabeza.

A clase dirixente espera que as ideas da revolución solucionen elas soas os problemas i é necesario que se tomen decisións para facer cousas.
Creo que se gasta de mais en ter ao rexime blindado e o benestar da xente pasa a un segundo plano.

En fin, que a pesar do dito, tratase dunha cidade que ainda ten encanto, en parte polas suas xentes que son especiais. Sempre cun sorriso na boca e coa musica e a salsa como bandeira. Con todo isto o comunismo pasa a un segundo plano.

E velai a mostra do que vos digo.