Todo chega ao seu fin. Manha venres marchamos de novo cara Europa. Non vos informei de moito mais porque aqui, que si temos conexion a internet, hai que pedir cita ao rexime para conquerir un ordenador.
En fin, levo material abondo para por nesta paxina e tan pronto como cheguemos hei de colgar unha chea de cousas.
En Varadero e outra cousa: comemos, bebemos, esturruxamonos ao sol, i levamos a clave da salsa pegada no pe e nas palmas. Os cubanos deste hotel deben ser uns bichos raros porque traballan; van ao seu ritmo, que ese non hai quen lle-lo cambie, pero traballan o demo. Tratannos aqui a corpo de rei, e todos estamos de acordo en decir que as vacacions se nos fixeron algo pequenas.
Como vos dixen levamos documentos graficos e sonoros suficientes como para facer deste sitio un referente da salsa e mais da revolucion cubana. Iremos engadindo paseninhamente o mesmo, pero aqui vos vai un anticipo.
Manha regresamos, e chegaremos o sabado pola manha a Madrid, para logo coller outro avion a Vigo. Xa nos vemos enton.
2 comentarios:
Mira que temos ganiñas de vervos!!!!! para ver como bailades a SALSAAAAA CUBANITA.
.
Agora que acabo de ver a fotito!!!
Fai moito frio en Cuba???
Mira que estades ben abrigadiños.
Menuda pinta de cansinos!!!!!
E vos bailades????
De tanta SALSIÑA quedástedes escaralladiños jejejejeej.
UN BIKIÑO MOI GRANDE.
Publicar un comentario