martes, 24 de febrero de 2009

Nunca e tarde se a dicha e boa.



Tardamos en darvos novas, pero aqui as conexions a internet andan polas nubes. O rexime do vecinho Fidel Castro, limitanos un chisquinho as comunicacions.



Por tanto, e unha vez fora da Habana, instalados xa en Varadero, contamosvos un pouco as aventuras destes dous dias na capital: LA HABANA.



Por certo. Como vedes as veces tenho que empregar o -nh en vez do enhe. E que aqui aos americanos non os poden ver, pero casualmente os teclados son americanos, e non tenhen ese caracter. Non vaiades pensar que me volvin do BNG de repente.



Pois ben, temos que dicir que despois de dez horinhas de voo, chegamos a Habana. E ao chegar o aeroporto estaba pechado, e tivemos que dar unhas voltas no ceo ata que abriron o mesmo. Non nos dixeron porque.



En fin, aterramos e pasamos os correspondentes controis aduaneiros. Grabaronnos a cara nunha camara e coa mesma xa entramos en territorio cubano. Por certo, si pensades que os funcionarios espanhois non a rascan, hai que ver aos cubanos. Xa lles pode caer o aeroporto enriba que non lles da tempo a escapar.



E marchamos por fin cara o hotel, cansos coma burros, o TRIP HABANA LIBRE. Acabamos de descubrir que a hai hoteis de seis estrelas, porque a este puxemoslle outra mais. A merda campa as suas anchas polo mesmo. Ven a ser un adianto do que nos atopamos na cidade, unha maravilla, unha cidade na que se pode ver o esplendor de tempos pasados pero todo caendo e todo derruido.


O que si te encontras en todas as esquinas son grupos de musica tocando en directo a calquera hora do dia, e o baile levano no sangue todos, absolutamente todos.


Asi que entre merda, musica, baile, e recorrer a cidade a pe e en coches dos anos 45-50, pasamos estes dous dias na Habana.


E por hoxe traslado a Varadero, sitio turistico onde pasamos en tan so 140 km, da miseria mais absoluta a unha zoa turistica onde non falta nin o hamaqueiro e con un campo de golf ao lado.


Resultado de 50 anos de revolucion.


Estes dias estaredes mais informados porque agora xa temos mais medios para comunicarvos con vos.


Ahi vos vai un adianto do que vos contamos.


Por certo, como vai a campanha? (aqui o das eleccions non se leva)

5 comentarios:

TITA dijo...

Era horas! Alégrome d q estedes ben. A campaña igual q sempre , jaja. Conta mais cousas e cuidado coas mulatas e os mulatos. saludos á inmita.

A das cenas dijo...

Me estam extresandooooo!! Certísima a publicicade, os cubaniños non se lles pode apurar.

Pasadeo requeteben.

E mandande mais informasao.

E moita conta coas cubaniñas e cubaniños.

Chousa da Alcandra dijo...

Alédame ben saber de ti oh; que xa estaba empezando a pensar que te detiveran por calquera cousa...

Fíxome gracia o do enhe. Manda carallo con Fidel. Tanto despotricar contra os amaricones, digoooooo americanos e despois xa ves!.

Da campanha electoral non te preocupes moito. Todo coma sempre metendo a zoca todos (Feijoo non sabía que nas explotacións de leite so había femias -a ver quen carallo pensaría este tio que muxía ós bois-; Quintana cachou a un autobús do IMSERSO que ía para Portugal e meteulles un mitin de hora e media entre peito e lombo; e Touriño anda pegando os carteis nos cubos do Lixo da Consellería de Medio Ambiente, xusto debaixo do letreiro "Prohibido Fixar Carteis").

Tómate moitos cuba libres!!!!

(E logo non levastes unhas escobiñas para barrer o hotel ou qué?)

Anónimo dijo...

Veo en reloj adjunto de la pagina que son,para vosotros, las 3H 39' así que supongo que estaréis disfrutando de la noche cubana.Mientras, yo estoy de baja ( un martillazo)esperando que volváis con las maletas llenas de alegría para compartir.

Posdata:
acordaros de Lorena y dejarle que baile bachata, no todo va ser salsa.
Un abrazo muy grande para cada uno, que uno para todos me parece poco.

Barreira dijo...

Alegrame saber que por ahi todo sigue coma sempre. Que a campanha sigue polo cauces normais (o dos desatinos). Nos tivemos unha xornada de reflexion longa. A ver si fructifera.
Saudos.